top of page

DIMENSIÓN MÉDICA

A acondroplasia produce nas persoas que a padecen, en menor ou maior medida:

(1) Talla baixa desproporcionada, con exremidades cortas e tronco normal. (2) retraso motor, (3) otitis media recurrente debido a estructura anómala do cráneo e o oído que produce hipoacusia, (4) rinitis, (5) hiperlaxitude dos xeonllos, (6) xenu varo/valgo, (7) obstrución das vías de cifosis toracolumbar, (9) hiperlordosis lumbar e malformación das caderas (10) macrocefalia e nun elevado número de casos hidrocefalia, (11) comprensión cordón medular, (12) maloclusión dentaria, (13) acortamento do estiramento do cóbado, (14) raquitismo resistente, (15) estigma o exclusión social.

Así pois, a desproporción corporal, a hiperlaxitude e a presencia de alteracións na alineación dos membros inferiores ocasiona dificultades funcionales ao reducir a base de sustentación e empeorar o equilibrio, o cal orixina dor de articulación, capacidade de carga inferior e mobilidade reducida. Isto agrávase por una menor capacidad pulmonar que ocasiona máis cansancio ante un menor esforzo. A enerxía necesaria para levar a cabo as tarefas da vida diaria é desproporcionadamente elevada.

Fundación Alpe Acondroplasia

Fernández Arregui

DIMENSIÓN SOCIAL

Ter acondroplasia é percibido en moitos contextos sociais e por moitas persoas, como unha característica peiorativa que ten consecuencias graves  e afectan a todos os niveis da vida dos afectados. Siguiendo a Fernández Arregui se han constatado las siguientes consecuencias:

  1. As persoas con enanismo óseo perciben dende moi cedo que os outros os ven e tratan como persoas físicamente diferentes e de menor estatus social. 

  2. Teñen consciencia de que reciben miradas indiscretas e son obxecto de comentarios peiorativos.

  3. No contexto escolar perciben que non se lles ten en conta como iguais á hora de relacionarse e con frecuencia son excluidos de actividades. Sofren de burlas, insultos, desprezos... 

  4. As persoas con acondroplasia perciben ameazada a súa necesidade de pertenza.

  5. Prodúcense conductas de medo ante a exposición a contextos sociais dadas as posibilidade de rexeitamento e exclusión.

  6. As persoas con acondroplasia non perciben as mesmas oportunidades a nivel laboral e outros debido a súa condición.

Fundación Alpe Acondroplasia

Fernández Arregui

DIMENSIÓN EDUCATIVA

O coeficiente intelectual das persoas con acondroplasia é o mesmo que a do resto da población, de xeito que, non precisan adaptacións curriculares. Non obstante debe terse en en consideración as afeccións a nivel musculoesquelético e as súas repercusións sobre a psicomotricidade, de modo que se dispoña de mobiliario e material escolar  adaptado e sexan coidadas as actividades na área de educación física.

 

Dados os problemas de respiración, maloclusión dental e deprazamento da mandíbula o centro educativo debe ofrecer atención a nivel logopédico ao alumnado afectado por esta condición.

Finalmente o centro educativo debe ser especialmente cuidadoso co que respecta a conciencia ética, e inculcar aos nenos/as dende o primeiro momento o sentimento de respeto e tolerancia para con esta condición, debido a que as situacións de exclusión que poidan producirse, conlevan a posibilidade de aillamento da persoa afectada e incidir altamente no seu propio rendemento académico.

Fundación Alpe Acondroplasia

Fernández Arregui

LIMITACIÓNS VIDA DIARIA

As persoas que padecen de acondroplasia atópanse con dificultades para o desenvolvemento das actividade da vida diaria e limitacións no acceso a lugares públicos, tales como:

1. Imposibilidade de uso de caixeiros automáticos, botóns dos ascensores, timbres dos portais, mostradores de atención ao público, aseos públicos, estantes dos supemercados...

2. Necesidade de axuda para a realización de tarefas de hixiene persoal (peiterse, atar os zapatos...)

3. Difícil acceso ao transporte público.

4. Discriminación notable no ámbito laboral.

Información de Contacto

agaefa2006@gmail.com

651668180

Enlaces

Cuadro Agaefa.jpg
logo.png
170510_AFAPAC_LOGOTIP-FINAL-1-1.png
logo (1).png
551f75_63e97ddaf90749e4bd8eb6261335832c_

© 2019 AGAeFA. All rights reserved.

Nº Rexistro: VP-2121

bottom of page