top of page

O noso Obxectivo
LOITAR POLO DEREITO A DIGNIDADE E RESPETO
Á DIVERSIDADE
O mundo, en xeral, está pensado para ter outra altura e outras dimensións.
​
As dificultades na mobilidade e o desprazamento son unhas das principais alteracións funcionais que sofren as persoas afectadas de acondroplasia.
​
As barreiras e osbtáculos nas actividades da vida cotiá, no fogar, na escola, no traballo, nas oficinas de atención ao público, nos centros de saúde, nos espazos de lecer, nos transportes e na rúa son o pan de cada día.
​
As miradas da xente aínda son curiosas ante a presenza dunha persoa con acondroplasia en calquera situación. Por iso gran parte do esforzo vital dos afectad@s debe ser adicado a superar as barreiras físicas, pero sobre todo as de ser aceptad@s e respectad@s socialmente.

bottom of page