top of page

II Xornadas AGAeFA "Non te quedes co que é Obvio"

  • Writer: AGAeFA Galicia
    AGAeFA Galicia
  • Jul 7, 2012
  • 1 min read

Updated: May 31, 2019



Organizadas pola asociación, coa colaboración do Concello de Culleredo, Fundación Alpe Acondroplasia e cofinanciadas pola deputación Provincial de A Coruña e a fundación José Otero e Carmela Martínez, celebráronse no Hotel Crunia.


Iniciáronse cun taller formativo de Terapia na Auga para acondroplasia impartido por Carmen Barreal Vega, fisioterapeuta e osteópata da Fundación Alpe.


O acto de apertura oficial das Xornadas tivo lugar ás 13.00h por parte da Conselleira de Sanidade do Concello de Culleredo, Rocío Sampedro e polo Deputado Provicial de A Coruña e conselleiro do mesmo concello, Antonio Cañás.


Presidiron tamén Pilar Cagiao, presidenta de AGAeFA e a súa tesoreira, María Rodríguez; ambas nais de nenos con acondroplasia.


A continuación, un relatorio sobre a situación da a acondroplasia nos nosos días que contou coa participación de Carmen Alonso, coordinadora da Fundación ALPE Acondroplasia, que presentou en Galicia a campaña estatal "Acondroplasia sin clichés" e campaña "Yo soy más que una apariencia". Rocío Vázquez, afectada de acondroplasia, explicou aos presentes o significado deste lema coa súa propia experiencia de vida.


Leváronse a cabo dúas sesións de Terapia en Auga dirixidas por Carmen Barreal e Carlos Taxis, monitor de natación especializado en acondroplasia,.


A xornada rematou cun taller de familias conducido polo psicólogoLa jornada del sábado terminó con un taller Antonio Olives, presidente da Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia.


Tras outras dúas sesións de Terapia Acuática, púxose fin as II Xornadas coa a Asamblea Xeral Anual de AGAeFA.


 
 
 

Comments


Información de Contacto

agaefa2006@gmail.com

651668180

Enlaces

Cuadro Agaefa.jpg
logo.png
170510_AFAPAC_LOGOTIP-FINAL-1-1.png
logo (1).png
551f75_63e97ddaf90749e4bd8eb6261335832c_

© 2019 AGAeFA. All rights reserved.

Nº Rexistro: VP-2121

bottom of page